miércoles, 10 de agosto de 2022

Megaincendios...

 



Entramos no mércores cunha nova entrada relacionada cas ciencias naturais. Levamos semanas vivindo incendios en distintos puntos da nosa terra, vendo como o noso patrimonio natural e etnolóxico é destruído. Na anterior entrada víamos como o cambio climático inflúe de forma directa no feito de que cada vez se produzan máis incendios. Hoxe, veremos como os incendios cambiaron nas últimas décadas e descubriremos o que son os megaincendios. 



Diversos estudos recentes, revelan como nas últimas décadas os patróns e a forma que rexían os incendios mudaron cara unhas características máis extremas. Son os denominados lumes de sexta xeración ou megaincendios.



Os megaincendios forestais, cada vez máis comúns desgraciadamente, son incendios de grandes dimensións que teñen un terrible impacto medio ambiental a escala planetaria. Isto débese por unha parte ós niveis de CO2 que inxectan á atmosfera, pero tamén polas partículas contaminantes que crean, capaces de desprazarse a grandes distancias. Estes superincendios, de comportamentos extremos e moi difíciles de predicir, liberan tal cantidade de enerxía que modifican a meteoroloxía da súa contorna, chegando a provocar tormentas de lume. Debido a todo isto, son incendios moi difíciles de apagar; estamos falando de incendios de dous ou mais metros de altura que, por ese motivo, están mais alá da capacidade de extinción.





Como xa comentamos anteriormente, o aumento das ondas de calor e a seca hidrolóxica, eventos extremos cada vez máis habituais e potentes debido ao cambio climático, son dous factores craves para desatar eses lumes devastadores.
Moitos diredes que a maioría dos lumes son intencionados. Ben, tal e como afirma Víctor Resco de Deus, doutor pola Universidade de Wyoming e profesor de Incendios Forestais e Cambio Global na Universitat de Lleida, temos que ter en conta 4 factores necesarios nun incendio:
- Primeiro, a fonte de ignición, que serían os pirómanos, un raio…
- Segundo, unha meteoroloxía favorable ao desenvolvemento do incendio, como pode ser o vento ou que haxa unha onda de calor.
- Terceiro, o combustible, é dicir, unha acumulación importante de vexetación.
- Por último, que ese combustible estea dispoñible, é dicir, que estea o suficientemente seco como para arder.





¿Hai solución a este problema de tanta actualidade na nosa terra? Hai. A solución pasa por un cambio no modelo económico no que o principal sea o aproveitamento dos recursos naturais que temos. Debemos deixar de lado a economía baseada no consumo de combustibles fósiles e volver á economía rural abandonada hoxe en día.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómo Mejorar el Aprendizaje en el e-Learning: Facilitadores Clave.

  Introducción: El aprendizaje en línea, o e-Learning, es una modalidad que ha experimentado un auge significativo en los últimos años. A me...