miércoles, 3 de agosto de 2022

O cambio climático...

 




Mércores, estamos case no ecuador da semana. Hoxe preséntovos a sección "Gaia", nela os mércores subirei contido relacionado cas ciencias naturais.
Para esta primeira entrada o tema elixido é o cambio climático, unha realidade ca que este verán comezamos a convivir.





Definición.
O cambio climático é, segundo a definición de Nacións Unidas, todos aqueles cambios a longo prazo das temperaturas e dos patróns climáticos. 
Estes cambios poden ser naturais, pero dende o século XIX, as actividades humanas son a principal causa do cambio climático, sobre todo debido á queima de combustibles fósiles como o carbón, o gas e o petróleo. Esta queima xera emisións de gases efecto invernadoiro que actúan como unha manta quente que cubre a Terra, mantén a calor do sol e facendo que a temperatura aumente.


Efectos no Medio Ambiente.
Os efectos do cambio climático no medio ambiente son:

- Aumento da temperatura:
Este aumento foi incrementándose notablemente nas derradeiras décadas, cunha taxa de aumento de 0,5ºC por década. As previsións para o 2100 din que a temperatura podería chegar a alcanzar 6ºC por riba do normal, o cal traerá consecuencias negativas nos ecosistemas, o aumento de ondas de calor ou, como veremos a continuación, o aumento dos incendios e do desxeo.

- Desxeo:
Co aumento da temperatura, chega o desxeo. Esta perda é unha das consecuencias máis preocupantes e visíbles do cambio climático xa que incide sobre o nivel do mar, facendo que aumente e tamén sobre a dinámica oceánica. Os científicos calculan que os 220.000 glaciares de montaña do mundo están a perder máis de 328.000 millóns de toneladas de xeo e neve ao ano dende o 2015.




- Aumento do nivel do mar:
Ligado ó desxeo, como vimos anteriormente, pero tamén polo aumento da temperatura. O aumento do nivel do mar fará que moitas zonas costeiras desaparezan por completo e moitas outras inda que non cheguen a desaparecer, sufran inundacións graves.

- Desertización:
A desertización é un proceso erosivo que converte unha terra fértil e habitable nun deserto. Esta consecuencia do cambio climático será especialmente dañina na península Ibérica, se segue aumentando a temperatura media do planeta, no ano 2090 será como o Sahara, segundo a revista Science.





- Incendios:
De actualidade este tema dende fai semanas no noso país, xa que son moitas as comunidades autónomas que están vendo como o lume arrasa territorios, montes e incluso aldeas. O cambio climático transformará o réxime de incendios nos próximos anos, provocando fenómenos máis intensos e unha deforestación maior pola diminución da capacidade de recuperación dos bosques mediterráneos.
O aumento da temperatura media e a diminución das precipitacións crearán o caldo de cultivo ideal para os incendios, especialmente nas zonas de alta montaña. Ademais, cada vez superan con maior frecuencia as 500 hectáreas (os denominados ‘Grandes Incendios Forestais‘) e son máis virulentos e difíciles de combater.

- Fenómenos metereolóxicos extremos:
O cambio climático cas consecuencias anteriormente mencionadas, farán que sexan máis frecuentes o calor extremo (este verán estamos xa experimentando isto), as choivas torrenciais e aumente a probabilidade de secas. 





- Impacto na biodiversidade:
O cambio climático está a afectar a procesos esenciais de moitos organismos, como o crecemento, a reprodución e a supervivencia das primeiras fases vitais, podendo chegar a comprometer a viabilidade dalgunhas poboacións. Algúns ecosistemas están abocados á desaparición, mentres tamén se dará unha maior proliferación de especies invasoras que buscan a supervivencia.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

No rendirse también es una forma de éxito...

  Preparar una oposición no es solo estudiar. Es sostener una expectativa en medio del caos. Es organizarse cuando la mente está desordenada...