miércoles, 7 de octubre de 2020

A célula, parte I.

 

Bó día! Hoxe entradiña no blog en Galego, xa que vou a explicar brevemente e dar un par de recursos para traballar a célula. En Galicia Bioloxía impártese en galego, de ahí que os recursos de esta materia, así cómo de Física e Química e Xeografía e Historia escribireinos sempre na nosa lingua nai. Vamos alá!!


A célula é a unidade básica de vida: todos os seres vivos estamos formados por elas. Según o número de células que forman a un ser vivo temos:

- Seres unicelulares, formados por unha soa célula.

Ser unicelular.


- Seres pluricelulares, formados por varias células.


As células están formadas por:

  • Material xenético. Coñecido comúnmente como ADN, contén información necesaria para controlar o funcionamento da célula. O ADN duplícase e na reproducción  transmítese ás células fillas, o que lle da as mesmas características que a célula nai. Así, toda célula procede de outra, confromándose como a unidade mínima reprodutiva.
  • Membrana plasmática. Envolve o contido da célula illándoo do medio externo.
  • O citoplasma. Contén unha serie de orgánulos que realizan funcións específicas inmersos nunha substancia viscosa chamada citosol. Por tanto, podemos afirmar tamén que a célula é unha unidade fisiolóxica de funcionamento.
Existen dous tipos de células:
  • Célula Procariota. Son células máis sinxelas e pequenas. Non teñen un núcleo que rodee o seu material xenético (ADN), polo que este ADN está disperso no citoplasma. O único orgánulo que posúen son os ribosomas, encargados de fabricar proteínas.
Célula Procariota.


  • Célula Eucariota. Son de maior tamaño e complexidade. Teñen un núcleo ben definido no que está contido o material xenético (ADN). Posúen moitos orgánulos: ribosomas, mitocondrias, cloropastos...etc. 
          Temos dous tipos de células eucariotas:
          - Animal: realizan nutrición heterótrofa, é dicir, non son capaces de producir a súa propia materia orgánica.

Célula animal.



          - Vexetal: nutrición autótrofa, xa que as plantas por medio da fotosíntese nun orgánulo denominado cloropasto, fabrican a súa propia materia orgánica.

Célula vexetal.


Ata aquí a célula por hoxe. Noutra entrada veremos de forma máis concreta a teoría e o ciclo celular.

Espero que vos guste este post e vos axude a entender e repasar este tema tan importante na materia de Bioloxía.

Vero💋



No hay comentarios:

Publicar un comentario

No rendirse también es una forma de éxito...

  Preparar una oposición no es solo estudiar. Es sostener una expectativa en medio del caos. Es organizarse cuando la mente está desordenada...