Bo día! Estamos de estreo no blog: hoxe inauguramos a sección ¨coñecendo a¨. Nela, cada venres, faremos unha viaxe pola historia e cultura galega, coñecendo a personaxes importantes que forman parte dela.
Nesta primeira entrada, teño que confesar que houbo un pequeno cambio. Tiña pensado face-lo post sobre Rosalía de Castro pero levo un par de semanas investigando un pouco sobre a Inquisición e a súa repercusión na zona do Salnés, por iso decidín cambiar o personaxe.
Hoxe, coñeceremos a Ana de Castro, veciña de Meis (Pontevedra), procesada polo Santo Oficio baixo a acusación de bruxería.
A Inquisición foi unha institución fundada, en España, no ano 1478 polos Reis Católicos, co fin de manter o catolicismo nos seus reinos (recordemos que ata o ano 1479 non culmina a unión dinástica dos dous reinos). De esta forma, perseguiuse e castigouse todo aquel culto e rito que non fora católico, e ademais, houbo acusados de bruxería, homosexualidade e blasfemia, non só de herexía.
A primeira referencia ó Tribunal da Inquisición de Galicia data do ano 1520, cando foi nomeado inquisidor o licenciado Maldonado e meses despois o mestre Arteaga. Ambos inquisidores exerceron de forma non continuada, o que provocou que no ano 1532, o Tribunal de Galicia, pasase a depender do Tribunal de Castilla La Vieja e o reino de León.
A historia da Inquisición en Galicia foise escribindo nos seguintes anos, nos que se estableceu en Santiago unha nova sede do Santo Oficio e é no ano 1626, que a nosa protagonista, Ana de Castro, sen sabelo, convértese en parte de esa historia.
![]() |
Sede do Santo Oficio da Inquisición en Santiago de Compostela. |
Ana era veciña da Armenteria, Meis. Xoven e solteira, dedicábase á menciña popular, axudaba á xente con plantas e oracións, tal como ela mesmo confesou.
O 1 xulio do ano 1626 comeza o seu primeiro xuízo, no que 26 testemuñas declaran na súa contra, asegurando que Ana tiña tratos con Demo e usaba rituais de adiviñanza. Un dos testemuños repetiu a oración coa a que curaba ós seus pacientes e Ana inculpouse recoñecendo ter curando a algunhas persoas invocando a Xesucrito. Foi a única declaración que fixo Ana, quen foi duramente torturada durante meses.
O 14 de outubro de 1626, o Tribunal da Santa Inquisición, declara a Ana de Castro "feiticeira, embusteira e adiviñadora". No seu Auto de Fe, obrigárona a saír vestida co hábito de penitente de media aspa, e léronlle a súa sentenza: 200 azotes e o desterro do couto da Armenteira e de Santiago durante 6 anos.
O 6 de decembro de ese mesmo ano, execútase a sentenza nunha misa no convento de San Paio de Ante-altares. Ó lombo dun burro, medio espida, foi azoutada, vexada e insultada polas rúas de Santiago.
![]() |
Hábito do penitente ou Sambenito, co que mostraban o seu arrepentimiento público polos seus pecados. |
Ana marcha ó exilio e sita a súa morada en Pontevedra, onde coñece a Benito Graña, con quen casa e forma unha bonita familia.
Cando a vida de Ana parece que comeza a coller bo rumbo, o episcopado pontevedrés decide entregala como regalo a Juan Rojo, cruel inquisidor que estaba de visita e quen decide reabrir o seu caso.
É así como no ano 1651, Ana volve ó cárcere do Tribunal do Santo Oficio, todos os seus bens quedan expropiados, é novamente castigada a recibir 200 azotes e a exiliarse de Galicia durante 10 anos.
Galicia perde aquí a pista de Ana de Castro, unha muller loitadora, que axudou a quenes a entregaron e fixérona eterna e recordada, por formar parte dun episodio negro da nosa historia.
Ana de Castro, meiga e feiticeira, espero que este pequeno homenaxe conte ca túa aprobación, alá onde estés. A túa historia debe ser coñecida e recordada, por ser obrigada e vivir nunha constante fuxida, só por recoñecer as artes sanatorias da natureza, por querer vivir libre ca túa esencia.
Espero que vos gustara este novo post. Dádelle moito amor e compartide!!!
Vero💋
The majority come from Microgaming, which means Mega Moolah will in fact be waiting for you. This slot has the world document for the largest ever on-line win. Other progressive slots at Spin Casino include King Cashalot, Major Millions and Treasure Nile. None of these have the identical potential jackpot asMega 우리카지노 Moolah progressive slotcan provide though. The operator has a strong withdrawal policy that ensures speedy transactions and a high degree of safety. Withdrawals are usually accomplished through the deposit methods used to fund your account.
ResponderEliminar