viernes, 23 de octubre de 2020

Coñecendo a...Benito Soto Aboal.

 Bo día! Hoxe temos unha nova entrega de ¨coñecendo a¨: quero presentarvos a Benido Soto Aboal, sanguinario pirata da vila de Pontevedra.




 O 22 de marzo de 1805, nacía na cidade de Pontevedra o pirata Benito Soto Aboal, sétimo de catorce irmáns, na Casa Pitillo da zona antiga, a carón do Teatro Principal.     


Casa Pitillo, actual Casa das Campás.

                                                              

Pontevedra durante o século XVI fora unha destacada vila mariñeira, tendo o porto máis importante de Galicia e o norte de Portugal pero durante eses anos, comezou un declive que fixo que moita xente tivera que contrabandear nas costas galegas para poder subsistir.                                                        Unido este feito a que Benito criouse no barrio mariñeiro da Moureira e o pai tamén se adicaba ó contrabando marítimo, moi mozo comeza no negocio e pouco a pouco lábrase un nome entre os contrabandistas portuarios.

Benito era moi ambicioso e escapando de "matrícula do mar", coa que debía servir na Mariña Real, créese que fuxiu á Habana e durante uns anos son poucas as fontes historiográficas que falan do noso personaxe. Algunhas afirman que exercía de mariñeiro dedicado á trata de escravos e outras din que combateu con corsarios cubanos.

No ano 1827 embarca no porto de Río de Xaneiro como segundo contramestre nun corsario brasileiro adicado ó tráfico de escravos entre Brasil e África, o "Defensor de Pedro".                                              Cando chegaron á costa africana, deixaron ó capitán Pedro Mariz de Sousa Sarmiento en terra e a tripulación e Benito alzáronse co barco, converténdose Benito en capitán.

O noso personaxe, que máis adiante cambiaría o nome ó navío e bautizouno como "Burla Negra", comeza a adicarse á piratería.



Toma rumbo a a Illa Ascensión e topan ca fragata "Morning Star", de bandeira inglesa, a cal apresan e rouban, matando de forma cruenta a parte dos pasaxeiros. Este feito iniciou a vida de abordaxe que levou a cabo o noso personaxe e comezou a labrar a lenda: Benito, o pirata máis temido do Atlántico.

A súa segunda vítima foi a fragata norteamericana "Topacio" que proviña de Calcuta cun rico cargamento a bordo. A mesma foi abordada, saqueada e incendiada, despois de asasinar a gran parte da súa pasaxe.

En viaxe ás illas Cabo Verde, Benito de Soto abordou un novo navío inglés, ao que tamén afundiu e oito días despois, preto do arquipélago das Canarias asaltou a fragata "Sumbury" da mesma nacionalidade, que viaxaba a Saint Thomas, cribando á súa tripulación.

Poñendo proa novamente aos Azores De Soto abordou de maneira sanguenta un buque portugués procedente de Río de Xaneiro e en viaxe de regreso a España, asaltou o "Cessnock", tamén lusitano e o inglés "New Prospect". As dúas embarcacións, en especial a británica, foron vítimas da terrible crueldade do pirata.

Mapa dos asaltos de Benito Soto.


Tras asasinar a tres dos seus compañeiros, por consideralos pouco leais, chegaron a porto na Coruña e, finxindo ser o lexítimo capitán, venderon a mercadoría que foron roubando nas súas abordaxes. Seguidamente, dirixiuse ás costas de Cádiz, onde planeaban desfacerse do navío para retirarse e vivir das ganancias. Ao divisar o faro da Illa de León, crérono o de Tarifa, e embarrancaron a curta distancia de Cádiz. O Barba Negra afunde e con el o tesouro de anos de pillaxe. Benito sobrevive ó afundimento, así como algún dos seus homes e establécense na cidade de Cádiz, onde a Mariña fixo á vista gorda ó descubrir quen era. Máis un día o seu destino cambia, un mariñeiro inglés sobrevivente ó abordaxe do Morning Star, recoñeceuno paseando pola cidade de Cádiz, sendo finalmente detido xunto a algún dos seus homes. Todos eles foron encarcerados salvo o capitán Benito Soto Aboal que conseguiu escapar de Cádiz e refuxiarse en Xibraltar, onde sería detido pouco despois. Pasou dezanove meses encarcerado no Penedo, mentres os seus antigos compañeiros eran executados expoñéndose as súas cabezas en Cádiz. Xulgado e condenado á forca, culpable de 75 asasinatos e do saqueo de 10 navíos, o 25 de xaneiro de 1830 fronte a Bahía de Alxeciras, morreu o noso pirata, quen antes de ser aforcado, conta a lenda, que gritou: "Adeus a todos, a función rematou!".


Litografía do pirata no Burla Negra.

O 3 de xuño de 1904, varios operarios atopábanse traballando na almadraba situada ao final do barrio de San Xosé ( extramuros de Cádiz). Cavaban unha gabia de medio metro para enterrar as cabezas e os refugallos dos atunes capturados. De súpeto, descobren enterradas unhas moedas das chamadas “Ambos os Mundos” acuñadas en México entre 1750 e 1755, que lembran moito aos duros vixentes con anterioridade. A noticia difúndese e decenas de homes, mulleres e nenos con pas e cribas afánanse pola praia en busca das cobizadas moedas que se venden no acto a prezos entre as tres pesetas e os dezaoito reais.

D. Antonio Perea da Rocha, Marqués de Arellano, investigou exhaustivamente o achado dos duros e todo o que os rodea en arquivos públicos e privados ata que publica un artigo en ABC o 4 de Decembro de 1960 onde condensa todo o atopado. No artigo afirma: “teño case a seguridade absoluta de que as moedas atopadas na praia en 1904 son as que traían a bordo os tripulantes do bergantín brasileiro Defensor de Pedro”.
Os piratas que sobreviviran ó naufraxio, teimosos de que os descubriran en Cádiz, puideron ocultar parte do seu botín na praia gaditana e, tras ser apresados, non volver nunca máis a recuperalas.





Ata aquí o post de hoxe, desexo que fora do voso agrado. Benito Soto, para algúns visto como heroe e para outros como un monstruo, as súas pillerías inspiraron a Canción do Pirata. O pirata máis temido do Atlántico, merece ser coñecido por todos nos.


Compartide!!
Vero💋

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No rendirse también es una forma de éxito...

  Preparar una oposición no es solo estudiar. Es sostener una expectativa en medio del caos. Es organizarse cuando la mente está desordenada...