miércoles, 28 de octubre de 2020

Os determinantes...

Bo día!O outro día facíamos unha entradiña explicacon qué eran e qué tipos de determinantes temos en lingua castelá. Hoxe tócalle o turno os determinantes galegos. 

Espero que vos guste a entrada e sexa de moita utilidade.                                                                        




  • Que son os determinantes?
Os determinantes son un tipo de palabras que sempre acompañan a un substantivo e determinan o seu significado. Son palabras variables, é dicir, teñen xénero e número que ademais concorda co substantivo que acompañan. Polo xeral, os determinantes, colócanse diante do substantivo aínda que en ocasións poden ir detrás. Cando isto ocorre, denomínaselles adxectivo determinativo.

  • Que tipos de determinantes existen?
Os determinantes poden ser artigos, demostrativos, posesivos, indefinidos, numerales, exclamativos e interrogativos. A continuación, veremos cada un deles máis detidamente.

  • Os determinantes artigos.
Os determinantes artigos indícannos se é substantivo é coñecido ou non, pola persoa que fala e escoita. Temos dous tipos de artigos: 1.Determinados: o substantivo é coñecido. 2.Indeterminados: o substantivo é descoñecido. A continuación déixovos un cadro dos artigos:



  • Os determinantes demostrativos.
Son determinantes que indican a proximidade ou distancia do substantivo con respecto ao falante. Os determinantes demostrativos son os seguintes:



  • Os determinantes posesivos.
Os determinantes posesivos indican posesión ou pertenza, é dicir, a quen pertence o substantivo. Temos dous tipos de determinantes posesivos: 1.Dun só posuidor: o obxecto ou os obxectos pertencen a unha soa persoa. Ej: O meu computador. 2.De varios posuidores: o obxecto ou os obxectos pertencen a varios personaxes. Ej: O noso computador. No seguinte cadro, podemos ver as formas de determinantes posesivos que temos:



  • Os determinantes indefinidos.
Son determinantes que acompañan ao nome para indicarnos que se descoñece a natureza ou a cantidade exacta do nomeado. As formas máis usuais dos indefinidos son:



  • Os determinantes numerales.
Son determinantes que acompañan ao nome para indicarnos cantidade ou orde. Poden ser de dous tipos: · Cardinales: expresan unha cantidade. Ex.: Teño dous cascos (Cantos cascos tes?) · Ordinais: indican o lugar que ocupa un obxecto, orde Ex.: Chegou en oitava posición (En que lugar chegou?).


  • Os determinantes exclamativos e interrogativos.
Son determinantes que acompañan ao nome en oracións interrogativas ou exclamativas.


Ata aquí o post de hoxe, dádelle moito amor e compartide!!
Vero💋


No hay comentarios:

Publicar un comentario

No rendirse también es una forma de éxito...

  Preparar una oposición no es solo estudiar. Es sostener una expectativa en medio del caos. Es organizarse cuando la mente está desordenada...