miércoles, 9 de diciembre de 2020

A Revolución Francesa...

Hoxe estamos de mércores, un mércores moi luns despois destes días de descanso. No post de hoxe estudaremos a Revolución Francesa, un dos acontecementos máis importantes da nosa Historia xa que supuxo unha ruptura a nivel social, económico e político cunha etapa  da Historia e deu paso a unha nova: a Idade Contemporánea.


Lema da Revolución.


A Revolución Francesa foi un conflito político e social que xurde no 1789, derroca o rei absolutista Luís XVI, instala a república en Francia e finaliza no 1799, co golpe de estado de Napoleón Bonaparte. Para facer máis doado o estudo da Revolución Francesa, farémolo por medio de apartados moi esquemáticos; co máis importantes que debes coñecer.


  • Causas.
- Grave crises económicas resultado de malas colleitas consecutivas dende 1760-
- Crises financeira derivada da mala xestión fiscal de Luís XVI. O seu goberno levou á bancarrota a Francia. 
- Crises social, debido ó descontento pola inmobilidade social que freaba as aspiracións da burguesía.
                                                                                                                                                               Unha posible solución a estes problemas era obrigar ós privilexiados a pagar impostos, ó que evidentemente se negaron.

  • Convocatoria dos Estados Xerais.
Para intentar calmar as augas, convócanse os Estados Xerais, é dicir, Luís XVI reúnese cos representantes da nobreza, clero e burguesía. Someterían a votación o pago de impostos por parte dos privilexiados e nesta votación, cada estamento conformaría un voto.
Isto supón o descontento do Terceiro Estado, debido a que os privilexiados (Clero e Nobreza) uniríanse e a sairían gañadores da votación. 
O Terceiro Estado pedía o voto por persoa, xa que deste xeito podía obter a maioría, mentres que os grupos privilexiados defendían que o voto continuase igual, por estamento. Evidentemente, o rei e os privilexiados negáronse a aprobar esta proposta e o Terceiro Estado responderon constituíndose en Asemblea Nacional.                               

Estados Xerais reunidos.


  • Asamblea Nacional e Toma da Bastilla.
Os membros da Asemblea Nacional reuníronse na sala do Jeu de Paume ou Xogo de Pelota, un espazo utilizado para practicar tenis e alí xuraron que non se disolvería ata a redacción dunha constitución. Mentres, os cidadáns de París, ante o temor e a vontade do rei de suprimir a Asemblea tomaron a Bastilla (14 xullo 1789), edificio da prisión política, símbolo do absolutismo e almacén armamentístico.
Ademais, sementaron o terror nos campos (revolta antiseñorial: queima de conventos, documentos nobiliarios).
A tarefa da Asemblea Constituínte foi histórica. O 4 de agosto de 1789 publicaron os seguintes documentos:
- Abolición dos dereitos feudais.
- Redacción da Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán.

Bastille.


  • Etapas da Revolución Francesa.
  1. Monarquía Constitucional (1789-1792). 
Ante esta situación, o rei Luís XVI acepta unha nova forma política no goberno de Francia: monarquía parlamentaria e constitucional.                                                                                                             
Nace así a Constitución de 1791 na que se establece:                                                                                 
- A separación de poderes en tres órganos para evitar o abuso de poder: lexislativo, executivo e xudicial.                                                                                                                                                        - Igualdade legal.                                                                                                                                          - Soberanía nacional: a autoridade do poder político reside no pobo a través dos órganos que o representan.                                                                                                                                                  - Dereito do rei para vetar no parlamento.                                                                                                    - Sufraxio indirecto e censatario: a poboación dividiuse entre pasivos e activos.                                        - Separación de Igrexa-Estado.                                                                                                           Créase a Asemblea Lexislativa, encargada de redactar novas leis como por exemplo a prohibición da tortura, a obrigación de pagar impostos a nobreza e a abolición dos gremios. Tamén se crea un novo exército, a Garda Nacional.                                                                                                                           
Aparecen distintos grupos políticos:
Monárquicos:
- Absolutistas: partidarios da concentración de poderes nunha soa persoa, o rei.
- Constitucionais: partidarios da separación de poderes.
Republicanos: 
- Xirondinos: representaban o grupo moderado, pertencían á alta burguesía que defendía a propiedade privada e o liberalismo económico.
- Xacobinos e montañeses: grupo un pouquiño máis radical. A este grupo pertencía a baixa burguesía e defendían unha democracia máis directa.
- Sans-Culottes: radicais, onde atopamos á clase popular (artesáns e campesiños). Eran partidarios dunha democracia igualitaria.

A adopción da Monarquía Constitucional foi un fracaso debido ó uso excesivo do rei do seu dereito ó veto, entre outras cousas. Debido a isto, Luís XVI decide fuxir ca súa familia en xuño de 1791, o que prexudica moito a súa figura a nivel social. A intención de Luís XVI era unirse ó exército austríaco para invadir Francia e restablecer o absolutismo.
Foi capturado en Varennes e levado a París onde ten lugar un alzamento popular que ataca o palacio. 
O rei é apresado e instáurase a República.



      2. República Democrática (1792-1794).    

- Convención  xirondina:
A Convención Nacional  xirondina levou a cabo un xuízo contra o rei Luís  XVI e a súa muller, María  Antonieta. Foron acusados de traizón e condenados a morrer na guillotina en xaneiro e agosto de 1793 respectivamente.
Fórmase unha coalición de potencias europeas contra a Francia revolucionaria (Gran Bretaña, España, Holanda, Rusia e Portugal), por medo a que se estendese a revolución ó resto de potencias.
Insurreccións contrarrevolucionarias comezan a darse no leste de Francia dan lugar a un cambio de goberno.
- Convención  xacobina (período máis radical da  revolución francesa):
Nova Constitución de 1793: con sufraxio universal directo, soberanía popular e igualdade ante a lei e impostos.
O executivo conformará un Comité de Salvación Pública, dirixido por  Robespierre, quen acabará exercendo de tirano e sementando O Terror:
- Recruta á poboación para a guerra ( leva en masa).
- Suspende as liberdades e a Constitución.
- Crea uns tribunais revolucionarios onde se xulga a calquera sospeitoso de ir en contra a Revolución (Lei de sospeitosos).
- Redacta unhas Leis sociais: control de prezos e salarios, desamortizacións eclesiásticas,
culto á deusa razón...
 A caída deste goberno dase debido a súa radicalización, goberno ditatorial e a política do medo. Todo isto fai que leven á guillotina a Robespierre. 
O exército fai-se co poder e hai un golpe de estado no mes de “ Termidor”, xullo 1794.


Guillotina.



                        
      3. República Burguesa (1794-1799).  

A burguesía conservadora ( xirondinos) volta ó poder e redactan unha nova Constitución en 1795, onde se establece:
- Soberanía nacional.
- Sufraxio  censatario indirecto.
- Igualdade legal.
- División de poderes en lexislativo (Consellos dos Cincocentos e de Anciáns), executivo (Directorio) e xudicial (Tribunais).
 Todo isto non contentaba a ninguén porque se situaron nunha posición intermedia, entre  absolutistas e radicais  xacobinos. Sumado á profunda crise e á tensión cos monarcas europeos absolutistas ten lugar un importante acontecemento.
 O golpe de estado do exército liderado por  Napoleón Bonaparte, o 18 de  Brumario (9 de novembro de 1799)
 Este golpe de estado supón o fin da Revolución Francesa e a chegada 
o poder dun militar que se fará chamar Emperador.



Liberdade guiando ó pobo francés, cadro de Delacroix.



Ata aquí o post de hoxe, proximamente continuaremos coñecendo un pouquiño máis a Napoleón ou Nabulio, tal e como o chamaban os seus achegados.
Vero💋

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No rendirse también es una forma de éxito...

  Preparar una oposición no es solo estudiar. Es sostener una expectativa en medio del caos. Es organizarse cuando la mente está desordenada...