miércoles, 2 de diciembre de 2020

Antigo réximen...

 

Bo día!!Como estades? Novo post, no que aprenderemos un pouqiño mais do Antigo Réxime.




O Antigo Réxime fai referencia á sociedade anterior á Revolución Francesa e a Revolución Industrial, os dous feitos que marcan o xurdimento da nova sociedade contemporánea.

As tres grandes características de este réxime son:

1) A NIVEL SOCIAL: Unha sociedade estamental. A sociedade de Antigo Réxime estruturábase en tres estamentos: Nobreza, clero e Pobo ou Terceiro Estado. As súas características esenciais son tres:

– A pertenza a un ou outro estamento obedece á orixe familiar, o sangue ou o nacemento. – É unha sociedade inmovilista, onde o paso dun estamento a outro é moi difícil. – Está marcada pola desigualdade #ante a lei dos seus membros: os distintos estamentos non son iguais ante a lei, non teñen os mesmos dereitos e deberes.

a) Os estamentos privilexiados Posúen a maior parte das terras e gozan dunha serie de privilexios: non pagan impostos, ocupan os cargos públicos (diplomacia e o exército) e ademais posúen unha xustiza propia. Existen dous estamentos privilexiados: – A Nobreza: trátase dunha minoría (condes, duques, marqueses), posuía moitas terras e estaba ligada á Corte do Rei. – O Clero: existía un alto clero (abades, bispos, cardeais, etc.), de orixe nobre, e un baixo clero (párrocos, monxes). Nos países católicos a Igrexa conservaba enormes riquezas (o 50% das terras de España).

b) O estamento non privilexiado: O Pobo Carecía de privilexios, non tiña poder político e tiña que pagar impostos. Era un grupo diverso: a maioría eran campesiños que traballaban as terras dos nobres e o clero, estaban ademais os artesáns e por último a burguesía, comerciantes das cidades, con riqueza e formación cultural.


2) A NIVEL ECONÓMICO: Unha economía agraria e señorial As sociedades de Antigo Réxime eran basicamente agrarias. O 80% da poboación dedicábase ao cultivo dos campos. As características da agricultura eran: – Tratábase dunha agricultura tradicional, baseada no traballo manual e animal, que contaba cun utillaxe moi arcaico e tan só abonos animais. Por iso a terra era pouco produtiva e as colleitas dependían das pragas e o clima. – A terra atopábase desigualmente repartida, na súa maioría en mans dos estamentos privilexiados (nobreza e clero). – Existía o réxime señorial: a terra dos nobres e clero organizábase en señoríos. Nela os señores cobraban rendas ao campesiño: ademais dunha parte da colleita polo arrendamento da terra, pagábanse rendas por facer xustiza no seu señorío, rendas de monopolio (polo uso do muíño, forno) ou os rendas de paso e aduanas (por atravesar a ponte ou por entrada ou saída de produtos comerciais). O campesiño pagaba ademais o diezmo á Igrexa (décima parte da colleita).




Á marxe da agricultura, os outros sectores económicos carecían de importancia: – Artesanía: Os talleres artesáns organizábanse en Gremios que controlaban os distintos sectores produtivos (carpintería, zapatería, pintura, etc.). O gremio controlaba a produción, os prezos e a apertura de novos talleres. – Comercio: no século XVIII creceu con forza un comercio internacional de ultramarinos (escravos, produtos de plantación ou de luxo). A pesar de todo, a actividade comercial era escasa e xeralmente non excedía o estreito ámbito do pobo ou a comarca debido á dificultade dos transportes.


3) A NIVEL POLÍTICO: A monarquía absoluta como forma de goberno e o xurdimento da ilustración.

a) O absolutismo monárquico: A forma de goberno no Antigo Réxime era a monarquía absoluta, caracterizada por:

– O Rei é o máis importante dos nobres. O seu poder é de orixe divina e non procedía de abaixo (do pobo), senón de arriba (directamente de Deus). – O Rei concentra todo o poder político: acumulaba o poder lexislativo (fai a lei), o executivo (autoridade máxima de goberno) e o xudicial (xuíz supremo). O seu poder non tiña límites.

Trono do rei absoluto Luís XVI.


b) A Ilustración Ao longo do século XVIII xurdirá un novo movemento ideolóxico, cultural e político que rexeitará o Antigo Réxime e que será a base do que posteriormente coñeceremos como liberalismo. Xorde no seo da burguesía e entre os seus principais pensadores destacan
Montesquieu, Voltaire e Rousseau. Nada en Francia estenderase por toda Europa ao longo do século XVIII, ao que se coñecerá como “Século das Luces”. Os seus principios básicos son: – Confianza cega na Razón: a razón, que se alcanzaría a través da educación e a ciencia, conduciría ao home para alcanzar o progreso e con iso a felicidade. – Rexeitan a sociedade estamental e os privilexios da nobreza e o clero. – Opóñense ao dominio da Igrexa e ao seu control da cultura e a educación. – Rexeitan o poder absoluto do Rei: Rousseau defende que o poder procede do pobo (soberanía nacional), mentres Montesquieu aposta pola división de poderes.


Estatua de Montesquieu.


Existiu unha visión conservadora da Ilustración, que non se opoñía ao Antigo Réxime pero se o quería reformar, é o Despotismo Ilustrado. Os déspotas ilustrados eran reis que utilizaron algúns principios da Ilustración para realizar reformas: modernizar a administración e o exército, reorganizar os impostos, favorecer o desenvolvemento económico e fortalecer o poder real (sobre todo fronte ao clero, que perde parte da súa riqueza e do seu control da educación). Un exemplo é Federico II de Prusia ou en España Carlos III.


Trono de Carlos III.




Espero que este post vos sirva de repaso para este tema de Historia.

Pronto mais...

Vero💋


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómo Mejorar el Aprendizaje en el e-Learning: Facilitadores Clave.

  Introducción: El aprendizaje en línea, o e-Learning, es una modalidad que ha experimentado un auge significativo en los últimos años. A me...