↠ Definición.
Os substantivos son as palabras variables que utilizamos para designar persoas, animais, cousas, ideas, sentimentos, lugares, etc.
↠ Clases de substantivos.
↬ Substantivos propios.
Nomean a un ser ou un obxecto distinguíndoo dos demais do seu mesma clase. As características dos substantivos propios son:
- Escríbense sempre con maiúscula.
- Non levan determinantes.
- Non teñen tradución.
Exemplo: Verónica.
↬ Substantivos propios.
Nomean a un ser ou un obxecto distinguíndoo dos demais do seu mesma clase. As características dos substantivos propios son:
- Escríbense sempre con maiúscula.
- Non levan determinantes.
- Non teñen tradución.
Exemplo: Verónica.
↬ Substantivos comúns.
Nomean a calquera ser ou obxecto sen diferencialo doutros do seu mesma clase. As características dos substantivos comúns son:
- Escríbense con minúscula.
- Poden levar determinante.
- Normalmente teñen tradución.
Exemplo: casa.
Dentro dos substantivos comúns, podemos facer a seguinte distinción:
_ Concretos: nomean seres ou obxectos que se poden percibir cos sentidos. Por exemplo: árbore.
_ Abstractos: nomean algo que non se pode percibir cos sentidos, como unha idea ou un sentimento. Por exemplo: xentileza.
_ Contables: nomean seres ou obxectos que se poden numerar. Un exemplo de substantivo contable é pulseira.
_ Non contables: nomean entidades que se poden medir ou cuantificar, pero non contar. Un exemplo sería fariña.
_ Individuais: nomean un só ser ou obxecto en singular. Un exemplo de substantivo individual é abella.
_ Colectivos: nomean un conxunto de seres ou obxectos. Por exemplo: colmea.
↠ Xénero dos substantivos.
Masculino: poden ir precedidos polo ou os.
Feminino: poden ir precedidos pola ou as.
➧ Moitos substantivos só teñen un xénero: ou son masculinos ou son femininos. Por exemplo: luz (feminino).
Outros substantivos poden variar de xénero e estar en masculino ou en feminino. Estes substantivos forman o feminino de distintas maneiras:
– Cambian a -ou do masculino por unha -a. Por exemplo: indio india.
– Engaden unha terminación especial. Por exemplo: abade abadesa.
↠ Número dos substantivos.
Singular: nomean a un só ser ou obxecto. Por exemplo: a porta.
Plural: nomean a varios seres ou obxectos. Por exemplo: as portas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario