* Definición:
Os adxectivos son palabras que acompañan ao substantivo e noméannos ou indican cualidades, propiedades e trazos del. Debido a isto, o adxectivo sempre concorda en xénero e número co substantivo.
Hai dúas clases de adxectivos:
1. Cualificativos: expresan propiedades ou circunstancias do substantivo ao que acompañan . Exemplo: día asollado.
2. Determinativos: concretan ou limitan a extensión do substantivo ao que acompañan. Exemplo: varios amigos.
Tamén podemos clasificalos segundo a súa:
- Forma:
1. Unha terminación: cando non presentan variación de forma ao cambiar de xénero.
2. Varias terminacións: cando segundo o xénero que teñan, presentan unha forma distinta.
- Significado:
1. Adxectivos explicativos ou epítetos: nomean unha calidade propia do substantivo ao que se refire. Exemplo: neve branca.
2. Adxectivos especificativos: concretan ao substantivo limitando a súa extensión ou seleccionándoo pola posesión dunha nova calidade. Exemplo: can famento.
* Graos do adxectivo:
a) Grao positivo.
O adxectivo presenta simplemente unha calidade. Exemplo: A froita está madura.
b) Grao comparativo.
A calidade expresada polo adxectivo establece unha comparación.
No grao comparativo hai tres posibilidades:
- Comparativo de superioridade: Ana é máis simpática que Marta. O adxectivo vai precedido do adverbio máis, e a conxunción que introduce o segundo termo da comparación.
- Comparativo de inferioridade: Ana é menos estudosa que Marta. O adverbio menos marca a inferioridade e a conxunción que introduce o segundo termo da comparación.
- Comparativo de igualdade: Ana é tan intelixente como Marta; Ana é igual de intelixente que Marta.
c) Grao superlativo.
A calidade aparece cuantificada coa máxima intensidade. Exemplo: A froita está madurísima.
Hai dúas clases de grao superlativo: absoluto e relativo.
1. Superlativo absoluto: a calidade exprésase no seu grao máis alto. O tren avanzaba lentísimo.
A construción superlativa conséguese co sufixo -ísimo (lentísimo, interesantísima) ou antepoñendo adverbios (moi sucio, farto aburrido, extraordinariamente fácil, particularmente triste).
Os adxectivos bo, malo, grande, pequeno, baixo e alto tamén teñen os seus correspondentes superlativos sintéticos derivados directamente do latín: óptimo, pésimo, máximo, mínimo, ínfimo e supremo: Fai un tempo pésimo; Obtivo o resultado mínimo esixido.
2. Superlativo relativo: a calidade exprésase no seu grao máis alto con referencia a algo, aínda conxunto, a un grupo. Exemplo: Súan é o máis alto dos seus amigos.
Fórmase co artigo seguido do adverbio máis ou menos e do adxectivo correspondente.